O municipio de Salvaterra de Miño atópase na zona meridional da provincia de Pontevedra, a 150 metros de altitude sobre o nivel do mar. Limita ao norte cos concellos de Ponteareas e Mondariz, ao leste coa Cañiza e As Neves, ao sur co río Miño —que o separa de Portugal— e ao oeste con Salceda de Caselas e Tui. Xunto a estes concellos forma a Comarca do Condado. O seu relevo chan e a abundancia de auga créan un microclima que fai de todo o concello unha horta natural, con extensas plantacións vitivinícolas e hortícolas. A principal illa fluvial do municipio é a Fillaboa.
Economía
O Condado do Tea, terra do albariño e porta industrial cara a Vigo e Portugal.
Ano de creación do Consello Regulador da DO Rías Baixas, subzona Condado do Tea
Plataforma Loxística e Industrial PLISAN, compartida con As Neves, a 35 km de Vigo
Parcelas no Polígono Industrial Chan da Ponte (276.192 m², único da comarca)
Situación xeográfica
Coordenadas 42° 04' 5'' N, 8° 30' O. O río Miño penetra en Salvaterra dende As Neves, bañando as parroquias de Oleiros, Salvaterra, Arantei, Cabreira e Porto antes de continuar cara a Tui e A Guarda. Ao seu paso polo concello o curso é estreito, o que orixina illas, illotes e rochas de gran tamaño.
Goberno municipal
A corporación municipal está composta por 13 concelleiros/as: 7 do PP, 4 do PSOE e 2 do BNG, organizados en Alcaldía, Xunta de Goberno Local e Pleno. A Casa do Concello, coa súa fachada de estilo tradicional deseñada polo arquitecto José Luís Pereiro, foi inaugurada o 29 de marzo de 2003.
