Concello de Salvaterra de Miño
ContactoSede electrónica
/
O Concello informa do inicio dos traballos de exhumación no cemiterio de Chan da Ponte
Memoria histórica

O Concello informa do inicio dos traballos de exhumación no cemiterio de Chan da Ponte

29/07/2026

O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio municipal de Chan da Ponte, unha intervención que permitirá determinar se neste espazo foron soterradas dúas ou tres persoas vítimas da represión de 1936. As actuacións, que comezaron o luns 27 de xullo, enmárcanse no compromiso institucional coa recuperación da memoria democrática. Entre as persoas que poderían atoparse nesta fosa figura Bernardo Bernárdez Martínez, natural de Ponteareas e veciño de Alxén, asasinado con 24 anos o 29 de xullo de 1936; tamén poderían localizarse os restos de Delfín Rey Sánchez, veciño de As Neves, e dun terceiro varón sen identificar. O arqueólogo responsable, Eduardo Breogán, e o antropólogo forense Fernando Serrulla participan na intervención, xunto aos investigadores Antón Lorenzo e Ángel López na localización de familiares para recoller mostras de ADN. A alcaldesa, Marta Valcárcel, agradeceu na presentación o apoio económico da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Mentres duren os traballos, ofrecerase diariamente ás 13:00 horas unha breve explicación sobre a evolución da escavación.

Volver a noticias

Máis noticias

O Concello contará este verán co Mago Teto e co Museo Encantado de Dani García
Cultura

O Concello contará este verán co Mago Teto e co Museo Encantado de Dani García

05/08/2026
Salvaterra bailará ao ritmo dos grandes éxitos na 8ª edición de "Imos de Guateque"
Cultura

Salvaterra bailará ao ritmo dos grandes éxitos na 8ª edición de "Imos de Guateque"

05/08/2026
O Concello e Dramiño regresan coas Noites de Teatro nas parroquias
Cultura

O Concello e Dramiño regresan coas Noites de Teatro nas parroquias

17/07/2026