
O Concello contará este verán co Mago Teto e co Museo Encantado de Dani García
05/08/2026
Este verán os nenos e nenas de Salvaterra de Miño poderán desfrutar de dúas actuacións grazas á programación do circuíto +Escénicas da Deputación de Pontevedra, que aporta 4.000 dos 6.000 € dos cachés dos grupos. Salvaterra acollerá o espectáculo Galerock & Magic do Mago Teto o venres 21 de agosto na Praza do Concello, e o Museo Encantado de Dani García estará no Recinto Amurallado dentro da programación da Festa do Viño do Condado. O Mago Teto trae GaleRock'N'Magic, un percorrido dende o rock do Xabarín Club ata os grupos musicais actuais, con moita música en directo, humor e maxia. Pola súa banda, Dani García presenta catro novos espazos interactivos: un confesionario, unha cabina de teléfonos, un fotomatón e a cabina de Gadalka.
Volver a noticias

